Derradeiras Publicacións

Magazine de radio especial pola situación do Coronavirus

O presidente da Asociación Aberteo, Iván Tourís, emitirá un programa especial de radio, todos os días dende as 20:00 da tarde, a modo de magazine para contar cousas das asociacións teenses e as súas actividades, escoitar música, falar de temas de actualidade e colaboracións da xente que queira facelo, enviándolle mensaxes privadas ao seu perfil de facebook.

Con isto queremos concienciar á xente que deben quedar na casa para axudar a non espallar nin contraer o virus, pero darlles tamén unhas pinceladas de cultura, música, actualidade, información e humor que axuden a acompañar neste estado de alerta decretado.

Poderedes escoitalo a partires das 20:00 en https://axentedeteo.gal/radio

Os programas están subidos a modo de podcast na seguinte dirección:

https://www.ivoox.com/podcast-en-estado-emerxencia_sq_f1870637_1.html

 

radio_teo.jpg

Adiada a Xornada do Mapathon por Teo

Este sábado 14 de Marzo, nos Tilos, a Asociación Aberteo organiza un Mapathon para sentirse coma cartógrafos e apoiar á comunidade de OpenStreetMaps a facer un mapa o máis detallado posible para poder guiarse con el.

A XORNADA ESTÁ ADIADA POLA ALERTA DE CORONAVIRUS, INFORMAREMOS DE NOVAS DATAS.

Impartido por Jorge Lama, será unha xornada para coñecer o mundo do mapeo e ir identificando, a pe de campo, o que se pode ir cartografiando. Para ilo, a xente que acuda debe anotarse na web da Asociación https://aberteo.gal e alí teñen toda a información.

 

safe_image.jpg

As Tanxugueiras chegan a Arroutadas

Iván Tourís continúa co seu programa mensual para A Xente de Teo chamado Arroutadas. 

Podedes acceder ao programa na nosa canle de podcast e, directamente, dende este enlace:

https://www.ivoox.com/episodio-3-tanxugueiras-audios-mp3_rf_48430285_1.html

 

ArroutadasEP3Tanxugueiras.jpg

Novo episodio de Arroutadas

Iván Tourís continúa co seu programa mensual para A Xente de Teo chamado Arroutadas. 

Podedes acceder ao programa na nosa canle de podcast e, directamente, dende este enlace:

https://www.ivoox.com/episodio-2-xiana-lastra-audios-mp3_rf_45530198_1.html

 

Arroutadas_EP2_XianaLastra.jpg

 

A rapazada do LibreTeo 2019 creou un programa de radio

Na edición do LibreTeo 2019, no obradoiro de radio infantil, os nenos e nenas que participaron del, crearon un programa radiofónico xunto co coordinador do curso Miguel Castro.

Podédelo escoitar na seguinte ligazón.

https://www.ivoox.com/obradoiro-radio-infantil-libreteo-2019-audios-mp3_rf_45148154_1.html

 

obradoiroRadioInfantilLibreTeo2019.jpg

obradoiroRadioInfantilLibreTeo2019.jpg, by aberteo

Iván Tourís arrinca Arroutadas

Iván Tourís comeza cun programa mensual para A Xente de Teo chamado Arroutadas. Será un programa musical que fará entrevistas a xente da música galega.

Podedes acceder ao programa na nosa canle de podcast e, directamente, dende este enlace

https://www.ivoox.com/episodio-1-patty-castro-audios-mp3_rf_44129147_1.html

Será programado na radio de A Xente de Teo para difundilo diariamente a unha hora próximamente.

Arroutadas_EP1_PattyCastro.jpg

XXII Mes de Teatro

O mes de novembro, no Local Social de Luou, a Asociaón Cultural A Mámoa de Luou organiza o MES DE TEATRO.

As actuacións comezan o domíngo día 3 ás 18:00 coa participación da Aula de Teatro de Teo que representará a obra "Hotal Ramallosa"

O sábado 9, as 18:00 horas, a Compañía de Títeres Viravolta presentará a "Barriga Verde" e todas as súas aventuras.

O domingo 17, as 18:00, será o Grupo de Teatro Xuvenil de Teo que presente "FAKE"

O domingo 24, as 18:00, O grupo de Teatro de Vedra achegarannos unha de detectives... "paco Llons. Detective privado"

O último día do mes, sábado 30, as 18:00 o grupo de teatro Badius presentara para os asistente a súa última peza "A Perigrinaxe"

cartelteatroLuou2019.jpg

Arquivo adxunto: 

Canle de Podcast

Nesta páxina poderedes acceder ao noso podcast.

https://axentedeteo.ivoox.com

ABERTEO dará a charla da radio o 19 de Outubro

O Sábado 19 de Outubro de 2019, a Asociación Aberteo impartirá unha charla/obradoiro baseada na radio das asociación teenses A Xente de Teo. Será na casa común de Oza a partir das 11:00 da mañá e están convidadas as asociacións teenses que queiran ir a coñecer a radio de todas.

Iván Tourís, presidente de Aberteo, nos contará como foi a posta en marcha da radio e nos ensinará a manexala.

Por outra banda, Patty Castro, vocalista de varios grupos de Metal e Rock. Creadora do proxecto MGK (Mulleres Galegas Kañeras). Participou coma locutora nun programa de radio en Cataluña. Coa súa voz, púxolle verbas a locucións de libros de texto pertencentes á editorial Anaya. Con toda esta traxectoria e coñecedora da materia nos explicará cómo son os diferentes programas que se poden emitir na radio actual.

obradoiro_radio_oct_2019.jpg

ABERTEO organizará obradoiros de Radio

A Asociación Aberteo organizará unha serie de charlas e obradoiros para ensinar a empregar a radio de A Xente de Teo en base a ferramentas de software libre.

Pronto seguiremos a informar.

radio_xente.jpg

Páxinas