Blogue de aberteo

Magazine de radio especial pola situación do Coronavirus

O presidente da Asociación Aberteo, Iván Tourís, emitirá un programa especial de radio, todos os días dende as 20:00 da tarde, a modo de magazine para contar cousas das asociacións teenses e as súas actividades, escoitar música, falar de temas de actualidade e colaboracións da xente que queira facelo, enviándolle mensaxes privadas ao seu perfil de facebook.

Adiada a Xornada do Mapathon por Teo

Este sábado 14 de Marzo, nos Tilos, a Asociación Aberteo organiza un Mapathon para sentirse coma cartógrafos e apoiar á comunidade de OpenStreetMaps a facer un mapa o máis detallado posible para poder guiarse con el.

A XORNADA ESTÁ ADIADA POLA ALERTA DE CORONAVIRUS, INFORMAREMOS DE NOVAS DATAS.

As Tanxugueiras chegan a Arroutadas

Iván Tourís continúa co seu programa mensual para A Xente de Teo chamado Arroutadas. 

Podedes acceder ao programa na nosa canle de podcast e, directamente, dende este enlace:

https://www.ivoox.com/episodio-3-tanxugueiras-audios-mp3_rf_48430285_1.html

 

Novo episodio de Arroutadas

Iván Tourís continúa co seu programa mensual para A Xente de Teo chamado Arroutadas. 

Podedes acceder ao programa na nosa canle de podcast e, directamente, dende este enlace:

https://www.ivoox.com/episodio-2-xiana-lastra-audios-mp3_rf_45530198_1.html

 

A rapazada do LibreTeo 2019 creou un programa de radio

Na edición do LibreTeo 2019, no obradoiro de radio infantil, os nenos e nenas que participaron del, crearon un programa radiofónico xunto co coordinador do curso Miguel Castro.

Podédelo escoitar na seguinte ligazón.

https://www.ivoox.com/obradoiro-radio-infantil-libreteo-2019-audios-mp3_rf_45148154_1.html

 

Iván Tourís arrinca Arroutadas

Iván Tourís comeza cun programa mensual para A Xente de Teo chamado Arroutadas. Será un programa musical que fará entrevistas a xente da música galega.

Podedes acceder ao programa na nosa canle de podcast e, directamente, dende este enlace

https://www.ivoox.com/episodio-1-patty-castro-audios-mp3_rf_44129147_1.html

Será programado na radio de A Xente de Teo para difundilo diariamente a unha hora próximamente.

ABERTEO dará a charla da radio o 19 de Outubro

O Sábado 19 de Outubro de 2019, a Asociación Aberteo impartirá unha charla/obradoiro baseada na radio das asociación teenses A Xente de Teo. Será na casa común de Oza a partir das 11:00 da mañá e están convidadas as asociacións teenses que queiran ir a coñecer a radio de todas.

Iván Tourís, presidente de Aberteo, nos contará como foi a posta en marcha da radio e nos ensinará a manexala.

ABERTEO organizará obradoiros de Radio

A Asociación Aberteo organizará unha serie de charlas e obradoiros para ensinar a empregar a radio de A Xente de Teo en base a ferramentas de software libre.

Pronto seguiremos a informar.

radio_xente.jpg

Subscribirse a RSS - Blogue de aberteo