Derradeiras Publicacións

ABERTEO dará a charla da radio o 19 de Outubro

O Sábado 19 de Outubro de 2019, a Asociación Aberteo impartirá unha charla/obradoiro baseada na radio das asociación teenses A Xente de Teo. Será na casa común de Oza a partir das 11:00 da mañá e están convidadas as asociacións teenses que queiran ir a coñecer a radio de todas.

Iván Tourís, presidente de Aberteo, nos contará como foi a posta en marcha da radio e nos ensinará a manexala.

Por outra banda, Patty Castro, vocalista de varios grupos de Metal e Rock. Creadora do proxecto MGK (Mulleres Galegas Kañeras). Participou coma locutora nun programa de radio en Cataluña. Coa súa voz, púxolle verbas a locucións de libros de texto pertencentes á editorial Anaya. Con toda esta traxectoria e coñecedora da materia nos explicará cómo son os diferentes programas que se poden emitir na radio actual.

obradoiro_radio_oct_2019.jpg

ABERTEO organizará obradoiros de Radio

A Asociación Aberteo organizará unha serie de charlas e obradoiros para ensinar a empregar a radio de A Xente de Teo en base a ferramentas de software libre.

Pronto seguiremos a informar.

radio_xente.jpg

A Xente de Teo comeza a súa singladura

Dende o día de onte, A Xente de Teo comezará a súa singladura para ser a plataforma que dea cobertura, proporcione colaboración e dea difusión de todas as actividades das asociacións teenses que queiran facer uso dela.

A presentación foi no FESTEO 2019 a cargo de Iván Tourís e Víctor Míguez que explicaron como naceu e como funcionarán tanto a web como a radio comunitaria.

A partir de agora enviaránse os usuarios e os contrasinais para o emprego da web e convocaránse reunións para crear o consorcio de asociacións que dirixirá e dotará de contidos á plataforma e á radio e terá a labor de facer que sexan útiles para elas e a veciñanza e perdure no tempo.

Tamén serán convocados obradoiros e serán enviados tutoriais para aprender a utilizar tanto a web como a radio.

 

axentedeteo_presentacion1.jpgaxentedeteo_presentacion2.jpg

 

Presentámonos no Festeo 2019

A plataforma web e radio comunitaria A Xente de Teo, será presentada o día 9 de Xuño no FesTeo 2019 na Carballeira de Francos.

Convidamos a todo a veciñanza que nos visite e queira saber desta nova iniciativa do tecido asociativo teense.

A presentación será ás 13:30h e formará parte da programación do evento. Faráse de cara ao público, asociacións e medios.

festeo2019.jpg

Páxinas