Magazine de radio especial pola situación do Coronavirus

O presidente da Asociación Aberteo, Iván Tourís, emitirá un programa especial de radio, todos os días dende as 20:00 da tarde, a modo de magazine para contar cousas das asociacións teenses e as súas actividades, escoitar música, falar de temas de actualidade e colaboracións da xente que queira facelo, enviándolle mensaxes privadas ao seu perfil de facebook.

Con isto queremos concienciar á xente que deben quedar na casa para axudar a non espallar nin contraer o virus, pero darlles tamén unhas pinceladas de cultura, música, actualidade, información e humor que axuden a acompañar neste estado de alerta decretado.

Poderedes escoitalo a partires das 20:00 en https://axentedeteo.gal/radio

Os programas están subidos a modo de podcast na seguinte dirección:

https://www.ivoox.com/podcast-en-estado-emerxencia_sq_f1870637_1.html

 

radio_teo.jpg