Comeza o programa de radio A Nova Realidade

Iván Tourís volve, logo do descanso veraniego necesario, para comezar o que prometeran cando rematou En Estado de Emerxencia.

A Nova Realidade será un programa de estética parecida, en formato magazine e que falará de temas diversos do tecido asociativo teense e de moitas máis cousas. Terá toques de humor e un colaborador especial... Patty Castro, pola súa banda, tamén terá o seu espazo Mulleres Galegas Kañeras que seguirá dándonos a coñecer a todas esas mulleres do mundo da música.

O programa será quincenal e poderédelo escoitar en directo os venres a partires das 20:30 aquí, na pestana de Radio.

Dirección do Podcast:

https://www.ivoox.com/podcast-a-nova-realidade_sq_f11077360_1.html

 

nova_realidade.jpg