Aquí poderedes escoitar os programas que imos emitindo e os que colaboran con nós.
A nosa canle oficial é: A Xente de Teo Podcast
O programa En Estado de Emerxencia, que emitimos durante a corentena e onde, a parte da música, falamos con diversas asociacións e comezamos o programa de Mulleres Galegas Kañeras de Patty Castro podedes escoitalo aquí: En Estado de Emerxencia
O programa de Arroutadas, onde Iván Tourís fala con músicas (Patty Castro, Xiana Lastra, Tanxugueiras, MJ Pérez) podedes escoitalo aquí: Arroutadas
E o programa que levamos agora a cabo os venres ás 20:30h cada 15 días en directo onde escoitamos música galega (ou de xente galega) que vai saíndo e damos información de asociacións, falamos con xente dos seus proxectos e continuamos co programa de Patty Castro, Mulleres Galegas Kañeras (ata Decembro de 2021), A Nova Realidade que agora conta cun colaborador máis chamado Genebrando (Brando) de Vilanova de Arousa que lle pon o toque de picante... podedes escoitalo aquí: A Nova Realidade
Podedes escoitar o programa de música conducido por Miguel Lueiro, Entre Lusco e Fusco na seguinte dirección: Entre Lusco e Fusco Radio
Tamén incorporamos o programa de música conducido por Pepe Cunha, Ábrete de orellas que poderedes escoitar en: Ábrete de orellas
Programa musical de Rádio Burela, dirixido por Marco Pereira. Unha iniciativa feita dende a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo. Podedes escoitalo aquí: Grandes Vozes do Nosso Mundo
O programa Proxecto Neo, colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro, ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela. Podedes escoitalo aquí: Proxecto Neo
E os faladoiros electrónicos de Jorgre Lama sobre novas tecnoloxías aquí: Faladoiros Tecnolóxicos